Wednesday 1 June 2016

BENVIDA


Benvid@s ao blog Educación Inclusiva USC.

Este blog naceu durante o curso 2015-2016 no seo da materia “Escola Inclusiva e Necesidades Educativas Especiais” do 2º curso do Grao en Mestra/e de Educación Infantil da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Norte).

Dentro da filosofía construtivista da que partimos para conectar aprendizaxes consolidadas con nova información, pensamos que no século XXI no que vivimos debemos ir alén desta e centrarnos no conectivismo, para COMPARTIR o que se aprende e o que se traballa.

Este blog forma parte da nosa fase de formación académica, entendéndoa sempre como un proceso de autorreflexión que non remata.  E precisamente por isto, calquera crítica construtiva  sempre será benvida.

En realidade, facemos isto porque cremos que os nosos productos poden servir a outras persoas en formación, coma nós, ou a calquera persoa interesada neste tema, do mesmo xeito no que nós nos valemos de moitos outros recursos que outras persoas altruistamente comparten na rede.

Agardando que sexa do voso agrado, sede benvid@s ao noso blog!



 
NOTA: todo o material aquí subido foi consensuado previamente nas aulas co alumnado que posúe a autoría deste, e recolleuse consentimento firmado e oral de todos os grupos de traballo.
Pregamos que, de utilizar algún material que se ofreza neste blog, se cite debidamente a autoría e a fonte. Moitas grazas.




-      Promoción 2014-2018  Grao en Mestra/e de Educación Infantil da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Norte).

-      Profa. Lucía Casal de la Fuente. Investigadora e profesora grazas a un contrato de formación e perfeccionamento do Ministerio de Economía e Competitividade (Departamento de Didáctica e Organización Escolar-Facultade de Ciencias da Educación-Universidade de Santiago de Compostela).
 
 





No comments:

Post a Comment