Wednesday 30 May 2018

Organización e xestión do centro escolar (OXCE) - Algúns traballos do curso 2017-2018

Bo día a tod@s.

Neste curso académico 2017-2018 a vida académica levoume á Facultade de Formación do Profesorado de Lugo e, ademais, ao Grao en Mestra/e de Educación Primaria; mentres que nestes últimos catro anos académicos tiña exercido no Grao en Mestra/e de Educación Infantil e na antiga Licenciatura en Psicopedagoxía da Facultade de Ciencias da Educación do Campus Norte e Campus Vida de Santiago de Compostela.
Foi un cambio que me colleu por sorpresa, pero que agradecín tanto a nivel persoal como profesional.
Así, neste ano académico 2017-2018, unha das materias nas que traballei do Grao en Mestra/e de Educación Primaria foi G3151201 - Organización e Xestión do Centro Escolar (Formación Básica) - Curso 2017/2018 da USC (Campus Terra-Lugo).

Nesta entrada móstranse só dous traballos feitos por dous grupos desta materia que, amablemente, cursárona e permitíronme compartir as súas producións a través deste blog.

Agradezo todas as contribucións! Isto axuda a seguir compartindo ideas e a manter unha canle que sempre poderedes consultar e difundir.

De seguido móstranse os nomes dos grupos e dos traballos, as temáticas e a autoría destes; así como os propios arquivos coas producións. Agardamos que vos guste!
                     

Proxecto do grupo 2:
“Cómic: Imos aprender algo...”
Temática: probas de avaliación de diagnóstico da Xunta de Galicia
Autoría:
Óscar Fernández Rodríguez
Rebeca Cortón Moirón
Ángela Ave Magán
Ana Fernández López

Accede aquí ao cómic presentado na aula.


Proxecto do grupo 3:
“ROC”
Temática: algúns apartados do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria en Galicia (1996)

Autoría:
Mauro Burgos Lahuerta
Paula Campos Sánchez
Silvia Arias Rodríguez
Emma Fernández Vilela

Accede aquí á presentación feita en clase.



Agradezo tamén as achegas doutros grupos que preferiron compartir só en clase o seu traballo na súa exposición.

Grazas a tod@s e boa sorte no voso futuro.

30 de maio de 2018


Lucía Casal de la Fuente