Bo día a
tod@s.
Neste curso académico 2017-2018 a vida académica levoume á Facultade de Formación do Profesorado de Lugo e, ademais, ao Grao en Mestra/e de Educación Primaria; mentres que nestes últimos catro anos académicos tiña exercido no Grao en Mestra/e de Educación Infantil e na antiga Licenciatura en Psicopedagoxía da Facultade de Ciencias da Educación do Campus Norte e Campus Vida de Santiago de Compostela.
Foi un
cambio que me colleu por sorpresa, pero que agradecín tanto a nivel persoal
como profesional.
Así,
neste ano académico 2017-2018, unha das materias nas que traballei do Grao en
Mestra/e de Educación Primaria foi G3151201 -
Organización e Xestión do Centro Escolar (Formación Básica) - Curso 2017/2018
da USC (Campus Terra-Lugo).
Nesta
entrada móstranse só dous traballos feitos por dous grupos desta materia que,
amablemente, cursárona e permitíronme compartir as súas producións a través
deste blog.
Agradezo todas as contribucións! Isto axuda a seguir compartindo ideas e a manter unha canle que sempre poderedes consultar e difundir.
De
seguido móstranse os nomes dos grupos e dos traballos, as temáticas e a autoría
destes; así como os propios arquivos coas producións. Agardamos que vos guste!
Proxecto do grupo 2:
“Cómic: Imos aprender algo...”
Temática: probas de
avaliación de diagnóstico da Xunta de Galicia
Autoría:
Óscar
Fernández Rodríguez
Rebeca
Cortón Moirón
Ángela
Ave Magán
Ana
Fernández López
Proxecto do grupo 3:
“ROC”
Temática: algúns
apartados do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos
colexios de educación primaria en Galicia (1996)
Autoría:
Mauro
Burgos Lahuerta
Paula
Campos Sánchez
Silvia
Arias Rodríguez
Emma
Fernández Vilela
Agradezo
tamén as achegas doutros grupos que preferiron compartir só en clase o seu
traballo na súa exposición.
Grazas
a tod@s e boa sorte no voso futuro.
30 de
maio de 2018
Lucía Casal
de la Fuente
No comments:
Post a Comment