Wednesday 6 June 2018

Deseño e Elaboración de Materiais Didácticos - Algúns traballos do curso 2017-2018


Moi boas!


Outra das materias nas que traballei neste curso académico 2017-2018 en ámbolos graos en Mestra/e de Educación Primaria e Mestra/e de Educación Infantil foi
G3151446 - Deseño e Elaboración de Materiais Didácticos (Optativas Xerais) - Curso 2017/2018 da USC (Campus Terra-Lugo).

Nesta entrada móstranse algúns dos traballos feitos por grupos desta materia que, amablemente, cursárona e permitíronme compartir as súas producións a través deste blog.

Agradezo todas as contribucións! Isto axuda a seguir compartindo ideas e a manter unha canle que sempre poderedes consultar e difundir.

De seguido móstranse os nomes dos grupos e dos traballos, as temáticas e a autoría destes; así como os propios arquivos coas producións. Agardo que vos guste!
                     

Proxecto: “Taller dos medos”
Temática: educación emocional, medos e educación infantil

Autoría:
Ouro Carril, Natalia
Pita García, Ángeles
Varela Villar, Verónica
Vázquez Gómez, Alba
Accede aquí ao póster exposto na aula.


Proxecto: “El Sistema Solar”
Temática: o sistema solar, os planetas e educación infantil

Autoría:
Álvarez Aguado, Laura
Bellas Fernández, Vanesa
Bellas Otero, Lucía
Cheda López, Marta
Fernández Souto, Giovanna
Accede aquí á presentación feita en clase.


Proxecto: “Nuestras mascotas. Taller multisensorial”
Temática: o coidado dunha mascota, responsabilidade cara a animais e educación infantil

Autoría:
Amigo Caruncho, Lorena
Castro Agrelo, Sheila María
Fernández Pérez, Carmen
Codesal Roca, Noelia
Accede aquí ao póster exposto na aula.


Proxecto: “A música no ruído”
Temática: descubrimento de sons, construción de instrumentos con material reciclado e educación primaria

Autoría:
González López, Alba
Pérez López, Elena
Pillado Fraga, Noelia
Muñiz Vena, Andrés
Fernández Amor, Carmen
Accede aquí ao póster exposto na aula.


Proxecto: “¿Reciclamos?”
Temática: reciclaxe, reutilización de materiais para novas creacións e educación primaria

Autoría:
Leiro Abal, Carolina
Lodeiro Nores, Sara
Prado Castro, Alberto
Varela Fernández, Nuria
Rois Real, Noemí
Accede aquí ao póster exposto na aula.


Proxecto: “A caixa conto”
Temática: traballo cooperativo e interdisciplinar, desenvolvemento do pensamento crítico e educación primaria

Autoría:
González Paz, David
Martínez Domínguez, José Manuel
Hernández Durán, Paula
Pombo Amor, Brais
González Méndez, Alejandro
Accede aquí ao póster exposto na aula.
Accede aquí á presentación usada para a exposición do taller.


Proxecto: “Arqueólog@s por un día”
Temática: método científico, investigación, experimentación e educación infantil

Autoría:
García Montero, Diego
González Rodríguez, Sara (inglés)
Domínguez Vázquez, Celeste
Conde González, Andrea
Accede aquí ao póster exposto na aula.


Agradezo tamén as achegas doutros grupos que preferiron compartir só en clase o seu traballo na súa exposición.
Ben é certo que as horas nesta materia me souberon a pouco dada a pequena dedicación docente que me foi asignada a esta materia, pero foi un pracer observar os vosos talleres e traballar con colegas como Carmen Sarceda Gorgoso, Vicente Blanco Mosquera e Salvador Cidrás Robles.

Grazas a tod@s e boa sorte no voso futuro.

5 de xuño de 2018

Lucía Casal de la Fuente

No comments:

Post a Comment